ESPAÑOL/GALEGO Horario de apertura: O noso teléfono está operativo en horario laboral para atender as súas consultas. Se o desexa tamén pode achegarnos as súas preguntas a través do correo electrónico ou ben visitarnos nas nosas instalacións no Polígono do Tambre. O noso equipo atenderá con axilidade as súas peticións de información, ben sobre o noso programa formativo ou sobre alugueiro de instalacións para actividades, reunións e eventos.   As nosas instalacións Infraestruturas modernas e flexibles Aquí pode vostede ver algunha das aulas onde se imparten os cursos no noso centro do Polígono do Tambre. O centro de traballo está equipado coa máis moderna tecnoloxía no ámbito da formación viaria para garantirlle ao alumnado o máximo aproveitamento do curso.   Aluguer de instalacións SEDA ofrece vantaxosas condicións para o uso dos seus locais. Situados no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, con fácil accesibilidade e amplo espazo de aparcamento. SEDA dispón de infraestruturas flexibles para a organización de reunións, conferencias, cursos e actividades diversas para todos os sectores. Consulte con nós a dispoñibilidade e reserve xa. Tamén destacamos que o noso centro eliminou calquera tipo de barreira física para adaptarse ás necesidades das persoas con mobilidade reducida. Dentro do inmoble dispoñemos dun elevador especial para que todas as barreiras queden superadas. Ofrecémoslle a mellor relación calidade-prezo en todo o que ten que ver con servizos hosteleiros. O inmoble conta cunha cafetería onde non faltan os menús do día e as racións. Accesibilidade e seguridade Servizos de cafetería e restaurante