ESPAÑOL/GALEGO Recuperación de puntos do carné   Existen dous xeitos de recuperar ou gañar puntos:                                                                                                                                                 Centro de Recuperación de puntos e carné O local da SEDA alberga o único Centro para a Recuperación de Puntos e Carné de conducir que existe na comarca. As persoas que se matriculan nos seus cursos poden volver a obter os puntos para os seus carnés sempre e cando sigan con aproveitamento os mesmos. A sede emprazada no polígono do Tambre conta cunha moderna equipación á disposición dos alumnos, que están atendidos por profesionais cualificados cos que conta a Sociedade de Empresarios de Autoescolas.   Reeducación viaria Os cursos realizaranse en días laborais, O custe dos cursos correrá a cargo dos interesados. O prezo dos cursos é fixo para todos os alumnos. Na tarifa do curso están incluídos o material didáctico así como a xestión da tramitación do curso diante da Jefatura de Tráfico que corresponda. Porén, non se inclúe nela, a taxa de exame que deba realizarse, no seu caso, e que será aboada polo alumno. Centro homologado SEDA é un centro homologado pola Dirección Xeral de Tráfico. Polo paso do tempo sen ser sancionado por infracións que resten puntos: -Os condutores que sufriran perda parcial de puntos recuperan os 12 iniciais se están dous anos sen seren sancionados por infracións que resten puntos. Serán tres anos se algunha das sanción era moi grave. -Os condutores que comezan con oito puntos de saldo (noveles e condutores que perderon o carné) pasarán a teren 12 se están dous anos sen seren sancionados por infracións que resten puntos. -Os condutores que teñan 12 puntos e estean tres anos sen seren sancionados pasarán a ter 14 puntos. Se seguen igual tres anos máis pasarán a 15. Pola realización dos cursos establecidos regulamentariamente: -Realizar o curso de recuperación do permiso ou licenza de condución permite recuperar o carné de conducir aos que perdesen todos os puntos ou aos condenados judicialmente con privación do dereito a conducir. -Realizar o curso de recuperación parcial permite recuperar seis puntos.